Notice bibliographique
Résumé
DUNHA TEORÍA DA INTERPRETACIÓN TEATRAL MODERNALas revoluciones y cambios que tuvieron lugar en el siglo XVIII conciernen en gran medida a las ideas de la época sobre el hombre, su naturaleza y destino.De este proceso resulta por un lado la necesidad de una investigación científica de la naturaleza humana sobre una base empírica y con ello la formación de nuevas ciencias, pero por otro la de una representación nueva del hombre en el arte adaptada a estos cambios (Fischer-Lichte 1999: 497).A metamorfose intelectual experimentada polo individuo, o pensamento emerxente que obriga a cuestionar a perspectiva do Antigo Réxime -na súa máis extensa concepción política, social e relixiosa-, e que provoca no ser humano a necesidade de procurar novas respostas ás vellas preguntas que, sistematizadas polo pensamento clásico ata entón semellaban satisfeitas, conclúen nun avance decidido cara ao mundo moderno.Desde os inicios do século XVIII comeza a producirse unha transformación no pensamento fundamentada nun aspecto que ata entón carecía de valor científico e estético: o cotián.Concepto ligado a todo aquilo que se referencia como concreto e que adquire unha nova dimensión nos campos das ciencias, da filosofía, das artes.Ligado, intimamente, ao concepto de natureza.O home adquire conciencia da súa individualidade porque se enfronta ao ROBERTO SALGUEIRO 20 outro, categoría que engloba a totalidade do empírico que non é o eu.A natureza cobra, xa que logo, un significado antes ignorado e, en definitiva, a idea de singularidade pasa a un primeiro plano.O mundano e cotián é revelado xa non como mero accidente, senón como elemento significador, punto de referencia onde o home trata de atopar a explicación ás súas inquedanzas e angustias.Este concepto acada un valor estético que antes descoñecía.Como afirma Behler (1990) a idea de modernidade nas artes entra despois dun longo percorrido pola física, medicina, xeometría, aritmética e música.Se o século XVII é testemuña da contenda entre o novo espírito científico, abandeirado por Bacon, Descartes e Pascal e a súa idea de progresión, e a vella autoridade académica, o XVIII serao entre a nova estética dos modernos e a rixidez das normas contempladas polos clasicistas.En efecto, "not until late in the eighteenth century did the ideas of progression and perfectibility enter the aesthetic domain" (Behler 1990: 38).Intelectualmente prodúcese un salto do dominio do transcendente ao concreto.Georges Gusdorf afirma: L'interrogation psychologique développe et systématise l'exploration de la conscience humaine, déliée des normes transcendantes, et dont on s'efforcera de ressaisir les articulations concrètes.La discipline nouvelle reflète un nouveau régime de l'existence, où chaque individu a conscience de vivre une vie qui lui appartient en propre (Gusdorf 1973: 93).Velaí que o home aprehende un novo estatus intelectual, o da autoconciencia.E por fin é un fronte ao outro, descobre a súa individualidade e perde o acougo ofertado pola catogoría do Absoluto para pasar a temer a súa propia liberdade, pois como individuo, para se realizar, cómprelle facer uso dela.Agora o centro da traxedia é o home e non Deus e o Destino, "en la medida en que el miedo a un aislamiento del Yo en el espacio y tiempo y la tristeza que se origina APROXIMACIÓN AO ESTUDIO DUNHA TEORÍA DA INTERPRETACIÓN TEATRAL MODERNA 21en la conciencia por el carácter pasajero de toda existencia dejaron de dominar el sentimiento vital de los hombres" (Fischer-Lichte 1999: 392).Se no XVII o canon da ciencia clásica, a Física de Aristóteles, sofre os envites do pensamento renovador, no XVIII será a súa Poética a que deixe de ser o único traxecto posíbel para a arte 1 , e a nova concepción estética, determinada pola súa atención á natureza, posibilita a expresión de "thousands of delicate sentiments entirely absent in the ancients" (Behler 1990: 46).Joseph Addison (1991) nos seus ensaios publicados en The Spectator no ano 1712, que sitúan a natureza como obxecto de reflexión, como vindicación estética do empírico, consideración central no discurso artístico e teatral deste século, non ofrece ambigüidades sobre a nova postura do home perante a natureza como referente artístico:Si las producciones de la naturaleza se aprecian mas, quando mas se asemejan á las del arte, podemos estar tambien seguros de que las de éste reciban su mayor perfección de la semejanza á aquellas, porque entónces no solo es agradable la semejanza, sino mas perfecto su modelo [...] Es preciso confesar que la novedad de semejante vista 2 puede ser causa del placer de la imaginación; pero la razón principal es ciertamente su próxima semejanza con la naturaleza [...] (Addison 1991:156).Eis o Dieu est mort! moderno, ou o home coa competencia divina de crear, de coller como referencia a natureza pero non co obxectivo de transformala, pois o artista Tiene en su mano el modelo de la naturaleza, y puede darle los encantos que guste; con tal de que no la reforme demasiado, y caiga en absurdos por querer aventajarse á ella (Addison 1991: 193).ROBERTO SALGUEIRO 22 1 Un novo traxecto, entre outros, é o aberto polo tratado de Longino, Sobre lo sublime.Texto ás veces esquecido, e sobre o que Rosario Assunto nos di: "el pseudo-Longino comienza a adquirir los signos que nos autorizan a ver en su escrito una suerte de autorizado mentor de una corriente anti-aristotélica del pensamiento estético y artístico modernos" (Assunto 1989: 20-21).2 Estase a referir á paisaxe observada a través dun instrumento óptico.
Récupéré en direct depuis OpenAlex et désinversé. Les résumés ne sont pas conservés dans cette base de données : les index inversés représentent 8,6 Go des 9,3 Go de texte de la base, et le serveur dispose de 13 Go libres.
Comment cette classification a été obtenuedéplier
Prédiction machine sur la base complète
Imitation des enseignantsNi prévalence calibrée, ni vérité terrain. Validation humaine à venir. Le volet Gemma est une étiquette directe du modèle pour chaque travail de la base, lue sur la notice réduite au titre. Le volet Codex est un classifieur appris des 10 348 étiquettes directes de Codex et calibré sur les taux pondérés de l'échantillon; les champs sans appui suffisant ne portent aucun appel Codex. Le mode candidate est l'union des deux volets; le consensus est leur intersection. Ces sorties portent le statut machine_predicted_unvalidated et ne sont pas des étiquettes humaines.
Scores du classifieur distillé par catégorie (deux têtes)
| Catégorie | Codex | Gemma |
|---|---|---|
| Métarecherche | 0,001 | 0,002 |
| Méta-épidémiologie (sens strict) | 0,001 | 0,000 |
| Méta-épidémiologie (sens large) | 0,000 | 0,001 |
| Bibliométrie | 0,002 | 0,001 |
| Études des sciences et des technologies | 0,003 | 0,003 |
| Communication savante | 0,007 | 0,008 |
| Science ouverte | 0,001 | 0,004 |
| Intégrité de la recherche | 0,002 | 0,003 |
| Charge utile insuffisante (le modèle a refusé de juger) | 0,141 | 0,062 |
Scores machine (provisoires)
Les deux têtes enseignantes du modèle étudiant, lues sur ce travail. Un score ordonne la base pour la relecture; il n'affirme jamais une catégorie, et le statut de validation accompagne chaque rangée tel quel.
Scores de référence d'un modèle non mature (critères de maturité non atteints, 7 itérations). Un score ordonne; il n'affirme jamais une catégorie.
score_only:v0-immature-baseline · tel quel depuis la passe de notation : score_only signifie que le nombre peut ordonner les travaux, et qu'aucune étiquette de catégorie n'en découleClassification
machine, non validéePrédiction automatique; un appel candidat d’une seule source (Gemma direct ou Codex distillé), pas un consensus.
Le détail, modèle par modèle et score par score, se trouve en fin de page sous « Comment cette classification a été obtenue ».