Entre o uso e a norma : o proxecto de <i>Gramática</i> da Real Academia Galega
Bibliographic record
Abstract
En novembro de 2000, a Real Academia Galega fíxolle o encargo da redacción da gramática da institución ao equipo de gramática do ILG constituído polos asinantes desta comunicación.Ben entendido que no seo do ILG hai outros investigadores que tamén se ocupan de cuestións gramaticais, cos que mantemos unha relación de colaboración fluída, pero este equipo así conformado ten tras si unha xa longa experiencia de traballo conxunto, desde o momento en que eramos os cinco profesores que tiñan o encargo das materias de Gramática Galega (I e II) no antigo plano de estudos de Filoloxía Hispánica (Galego-portugués), pasando por trienios sucesivos dedicados aos proxectos de investigación en Gramática descritiva (1995)(1996)(1997) e Sintaxe descritiva (1998)(1999)(2000)(2001).A asunción do encargo implicaba, para a RAG e para o equipo, a colaboración no proxecto de Antón Santamarina (na altura director do Seminario de Gramática da RAG), en parte como coordinador e supervisor da obra, en parte como fornecedor de materiais das bases de datos do seu proxecto para podermos fundamentar a descrición.No marco deste simposio asumimos a tarefa de expoñer con que criterios cremos que se deben seleccionar e integrar os trazos sometidos a variación lingüística nunha gramática que se presenta como descritiva; e facelo sobre a base da experiencia de nos termos que enfrontar decote con problemas desta natureza na redacción da gramática dunha institución á que, desde a fundación, se atribúe unha orientación e autoridade prescritivas. DESCRITIVO VS PRESCRITIVOA gramática prescritiva (ou normativa) ten como obxectivo dar regras de uso da lingua, establecendo, a partir dunha descrición dada e polo tanto de formas e comportamentos existentes e comprobables, o que é correcto e incorrecto, e en que grao unha forma lingüística resulta aceptable nesa varie-
Fetched live from OpenAlex and de-inverted. Abstracts are not stored in this database: the inverted indexes are 8.6 GB of the frame’s 9.3 GB of text, and the host has 13 GB free.
How this classification was reachedexpand
Full frame machine prediction
Teacher imitationNot calibrated prevalence, not ground truth. Human validation pending. The Gemma side is a direct model label for every work in the frame, read from the title-only record. The Codex side is a classifier learned from the 10,348 direct Codex labels and calibrated to design-weighted sample rates; fields without enough sample support carry no Codex call. Candidate is the union of the two sides; consensus is their intersection. These outputs are machine_predicted_unvalidated and are not human labels.
Distilled classifier scores by category (both heads)
| Category | Codex | Gemma |
|---|---|---|
| Metaresearch | 0.003 | 0.002 |
| Meta-epidemiology (narrow) | 0.000 | 0.000 |
| Meta-epidemiology (broad) | 0.000 | 0.000 |
| Bibliometrics | 0.001 | 0.002 |
| Science and technology studies | 0.004 | 0.038 |
| Scholarly communication | 0.008 | 0.006 |
| Open science | 0.001 | 0.004 |
| Research integrity | 0.002 | 0.003 |
| Insufficient payload (model declined to judge) | 0.002 | 0.000 |
Machine scores (provisional)
The two teacher heads of the student model, read on this work. A score orders the frame for review; it never asserts a category, and the validation status ships verbatim with every row.
Baseline scores from an immature model (maturity gate not passed, 7 training rounds). Scores rank; they never assert a category.
score_only:v0-immature-baseline · verbatim from the scoring run: score_only means the number may rank works, and no category label ships from itClassification
machine, unvalidatedMachine predicted; a candidate call from one source (direct Gemma or distilled Codex), not a consensus.
How this classification was reached, model by model and score by score, is at the end of the page under "How this classification was reached".