Daily activity rhythms of bottlenose dolphins (Tursiops truncatus) on the coast of Dexo
Bibliographic record
Abstract
[Resumo]: En este traballo de fin de grao (investigación de campo) descríbense os ritmos diarios do arroaz, Tursiops truncatus, nas augas do Golfo Ártabro (A Coruña, NO España). O estudo levouse a cabo mediante a realización de avistamentos dende os cantís situados en 7 puntos da costa de Dexo. Desta forma, obtivemos información sobre a súa actividade diurna, que mostrou un pico pola tarde. En canto ao tamaño da poboación, foron observados un máximo de 30 individuos, aparecendo, polo xeral, divididos en subgrupos. O grupo visualizado máis frecuentemente foi o de 10 a 15 individuos, seguido polo de menor número (entre 1 e 5 individuos). Por outra banda, obtivéronse diferencias estadísticamente significativas entre estacións: os arroaces varían a súa actividade por franxa horaria en función do momento do ano no que se atopan, adiantándoa no outono/inverno frente á primavera. No relativo ao comportamento, dividiuse en 3 patróns: desprazamento, alimentación e socialización/xogo. Así, os resultados indican que Tursiops truncatus se despraza, principalmente, pola mañá, mentres que as seguintes franxas horarias están adicadas, fundamentalmente, á alimentación. Finalmente, tras cazar e alimentarse, pola tarde (antes do atardecer) hai unha alta porcentaxe de socialización e xogo. Atendendo soamente ao desprazamento, tamén se analizou a ruta seguida: direción Oeste nas primeiras horas da mañá e ao comezar a tarde (probablemente para cazar) e direción Este ao atardecer (o interior da ría podería ser un lugar máis tranquilo e seguro para as crías a partir do anoitecer). Ademais disto, analizando os efectos doutros parámetros, obtívose un maior número de avistamentos en outono e inverno que en primavera, con días non soleados, ondada forte e marea baixa (subindo). Pola súa banda, a presenza de barcos parece afectar negativamente a ditas frecuencias. Porén, os resultados obtidos foron estadísticamente non significativos.
Fetched live from OpenAlex and de-inverted. Abstracts are not stored in this database: the inverted indexes are 8.6 GB of the frame’s 9.3 GB of text, and the host has 13 GB free.
How this classification was reachedexpand
Full frame distilled prediction
Teacher imitationNot calibrated prevalence, not ground truth. Human validation pending. Learned from the 10,348 direct Codex labels and 10,348 direct Gemma labels. Candidate is the union of thresholded teacher heads; consensus is their intersection. These outputs are machine_predicted_unvalidated and are not human labels or direct frontier model labels.
Codex and Gemma teacher scores by category
| Category | Codex | Gemma |
|---|---|---|
| Metaresearch | 0.000 | 0.000 |
| Meta-epidemiology (narrow) | 0.001 | 0.001 |
| Meta-epidemiology (broad) | 0.001 | 0.001 |
| Bibliometrics | 0.001 | 0.001 |
| Science and technology studies | 0.001 | 0.001 |
| Scholarly communication | 0.000 | 0.000 |
| Open science | 0.001 | 0.000 |
| Research integrity | 0.005 | 0.008 |
| Insufficient payload (model declined to judge) | 0.003 | 0.000 |
Machine scores (provisional)
The two teacher heads of the student model, read on this work. A score orders the frame for review; it never asserts a category, and the validation status ships verbatim with every row.
Baseline scores from an immature model (maturity gate not passed, 7 training rounds). Scores rank; they never assert a category.
score_only:v0-immature-baseline · verbatim from the scoring run: score_only means the number may rank works, and no category label ships from itClassification
machine, unvalidatedMachine predicted; both teacher heads agree on what is shown here.
How this classification was reached, model by model and score by score, is at the end of the page under "How this classification was reached".